Plan de Accion Titorial

O Plano de Acción Titorial é un programa de acompañamento e asesoramento aos estudantes durante o seu período formativo na Universidade da Coruña (UDC).

Este servizo da UDC, depende da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, está organizado polo responsable do PAT na universidade e xestionado en cada centro por un coordinador/a.

Os obxectivos xerais do PAT son favorecer a integración e implicación dos estudantes de novo ingreso na universidade, favorecer a excelencia académica, dispensar unha formación integral e prestar atención todos os estudantes.

Tal e como foi concibido dende a súa posta en marcha, trátase de que se integre na dinámica de cada centro como un elemento imprescindible para o adecuado funcionamento académico adaptándose ás características académicas, organizativas e ao perfil dos estudantes de cada centro.

A Información xeral sobre o PAT pódese atopar na web do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) da Universidade da Coruña


PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL ESCUELA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA A CORUÑA