Coordinadora de Mobilidade
PROGRAMA SICUE. SISTEMA DE INTERCAMBIO ENTRE CENTROS UNIVERSITARIOS DE ESPAÑA
O sistema de intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos estudantís e Crue-Internalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular. Este programa ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluído o réxime de prácticas, así como, os distintos aspectos sociais e culturais doutras autonomías e cidades autónomas.
Este programa de intercambio entre universidades españolas non dá dereito a axuda económica.
Estableceranse acordos bilaterais entre as distintas universidades para determinar os centros, titulacións, oferta de prazas e duración do intercambio. Os estudantes poderán solicitar a mobilidade, xeralmente entre os meses de febreiro e marzo, e difundirase no centro información relativa aos prazos de solicitude e posibles destinos. A continuación poderás ver a información referente ao programa de mobilidade e o modo de presentar a túa solicitude de participación. Para calquera consulta pódeste dirixir ao/á Coordinador/a SICUE do teu Centro ou ao correo electrónico:sicue@udc.es
Máis información en:
PROGRAMA NACIONAL DE MOBILIDADE SICUE
PROGRAMA SICUE ESTUDIANTES DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMARIA A CORUÑA
O proceso de apertura internacional que desde hai anos está a experimentar a Universidade da Coruña fai que se lle dea unha gran importancia aos programas de mobilidade internacional, ben en ámbitos europeos, ou calquera outro sistema de ensino superior. Na actualidade, na Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña, existen convenios internacionais en proceso, que permitirán aos estudantes do centro realizar intercambios con distintas universidades.
PROGRAMA ERASMUS + ESTUDIANTES E.U. ENFERMARIA A CORUÑA
Os programas de mobilidade Erasmus ofertados divídense en:
Regulamento sobre mobilidade internacional de estudantes
Programa Erasmus+
Convocatoria, cartel e calendario
IMPORTANTE:
PROGRAMA BILATERAL ESTUDANTES E.U. ENFERMARIA A CORUÑA
Movilidad internacional en el marco de convenios bilaterales firmados por la UDC con instituciones que se encuentran fuera de la órbita del programa Erasmus.
IMPORTANTE:
As convocatorias de mobilidade xestionaranse conxuntamente nos centros de orixe baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros e a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigas dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas, regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.