19/10/2026
Entrevista á Directora da Escola
Entrevista á Directora da Escola, Inés Fernández Fraga, polo Colexio Oficial de Enfermería da Coruña, na que se tratan temas relacionados cos estudos de Grao en Enfermería que se imparten na actualidade, como as necesidades de cambios de cara á modificación da Memoria do Título.
Nesta entrevista analiza tamén a incorporación da intelixencia artificial á formación, o impacto da presión asistencial sobre as profesionais e os cambios necesarios para responder ao envellecemento da poboación e á crecente complexidade dos coidados.