Mobilidade

Profesora Responsable de Mobilidade

Coordinadora de Mobilidade

Titora de Mobilidade

 

Programas nacionais de mobilidade

PROGRAMA SICUE. SISTEMA DE INTERCAMBIO ENTRE CENTROS UNIVERSITARIOS DE ESPAÑA

O sistema de intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos estudantís e Crue-Internalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular. Este programa ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluído o réxime de prácticas, así como, os distintos aspectos sociais e culturais doutras autonomías e cidades autónomas.


Este programa de intercambio entre universidades españolas non dá dereito a axuda económica.

Estableceranse acordos bilaterais entre as distintas universidades para determinar os centros, titulacións, oferta de prazas e duración do intercambio. Os estudantes poderán solicitar a mobilidade, xeralmente entre os meses de febreiro e marzo, e difundirase no centro información relativa aos prazos de solicitude e posibles destinos. A continuación poderás ver a información referente ao programa de mobilidade e o modo de presentar a túa solicitude de participación. Para calquera consulta pódeste dirixir ao/á Coordinador/a SICUE do teu Centro ou ao correo electrónico:sicue@udc.es

Máis información en:

PROGRAMA NACIONAL DE MOBILIDADE SICUE

PROGRAMA SICUE ESTUDIANTES DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMARIA A CORUÑA

 

Programas internacionais de mobilidade

O proceso de apertura internacional que desde hai anos está a experimentar a Universidade da Coruña fai que se lle dea unha gran importancia aos programas de mobilidade internacional, ben en ámbitos europeos, ou calquera outro sistema de ensino superior. Na actualidade, na Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña, existen convenios internacionais en proceso, que permitirán aos estudantes do centro realizar intercambios con distintas universidades.


PROGRAMA ERASMUS + ESTUDIANTES E.U. ENFERMARIA A CORUÑA
Os programas de mobilidade Erasmus ofertados divídense en:

  • Erasmus con fins de estudos
  • Erasmus prácticas

Regulamento sobre mobilidade internacional de estudantes

Programa Erasmus+

Convocatoria, cartel e calendario

IMPORTANTE:

  • Comezo de presentación de solicitudes no primeiro prazo da convocatoria 
  • Para acceder ao PORTAL de solicitude, utilizar preferentemente navegadores Firefox ou Google Chrome.
  • Para poder acceder á plataforma serán necesarias as súas credenciais da UDC. En caso de descoñecer estes datos, consulte ao seu centro. 
  • Para poñerse en contacto con vostede, a ORI utilizará en todo momento o seu correo electrónico da UDC, que deberá indicar no formulario. 
  • Só se admitirá unha solicitude por estudante, polo que non debe enviar en liña o formulario ata que este seguro de que está ben completado. Debe verificar convenientemente a oferta de prazas restantes que corresponda para cada centro. 
  • Para cualquier consulta sobre el Portal de solicitud, envíe un correo a rrii@udc.es
  1. Oferta de prazas
  2. Procedemento de solicitude
  3. Recoñecementos académicos
  4. Equivalencia cualificacións
  5. Información para estudantes estranxeiros

PROGRAMA BILATERAL ESTUDANTES E.U. ENFERMARIA A CORUÑA
Movilidad internacional en el marco de convenios bilaterales firmados por la UDC con instituciones que se encuentran fuera de la órbita del programa Erasmus.

  1. -Convocatoria
  2. -Oferta de prazas
  3. -Procedimento de solicitude
  4. -Recoñecementos Académicos

IMPORTANTE:

  • Comezo de presentación de solicitudes no primeiro prazo da convocatoria 
  • Para acceder ao PORTAL de solicitude, utilizar preferentemente navegadores Firefox ou Google Chrome.
  • Para poder acceder á plataforma serán necesarias as súas credenciais da UDC. En caso de descoñecer estes datos, consulte ao seu centro. 
  • Para poñerse en contacto con vostede, a ORI utilizará en todo momento o seu correo electrónico da UDC, que deberá indicar no formulario. 
  • Só se admitirá unha solicitude por estudante, polo que non debe enviar en liña o formulario ata que este seguro de que está ben completado. Debe verificar convenientemente a oferta de prazas restantes que corresponda para cada centro. 
  • Para calquera consulta sobre o Portal de solicitude, envíe un correo a rrii@udc.es


As convocatorias de mobilidade xestionaranse conxuntamente nos centros de orixe baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros e a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigas dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas, regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.