cas | gal
  • image description
  • image description
  • image description
  • image description
Benvida

A Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña está situada no termo municipal de A Coruña, no edificio de Ciencias da Saúde no Campus de Oza.

A finalidade da Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña é a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica e humana, con capacidade para valorar, identificar, actuar e avaliar as necesidades de saúde e coidados das persoas sans e/ou enfermas, das familias e a comunidade.

Os estudos de Enfermaría comezan neste Centro no ano 1972, continuando na actualidade como centro adscrito a Universidade de A Coruña, dependendo funcional, económica e administrativamente da Consellería de Sanidade. Contamos cunha longa tradición no ámbito formativo universitario e co recoñecemento social e profesional dos nosos titulados.

Ademais das instalacións propias do centro, cómpre destacar a gran relevancia dos centros asistenciales, que contribúen de xeito importante á formación dos nosos estudantes, permitindolles adquirir, afondar e desenvolver actitudes, habilidades e coñecementos para o exercicio da súa profesión.


Diseño y desarrollo: Artismedia.es