cas | gal
  • image description
  • image description
  • image description
  • image description
Coordinacion docente Grao Enfermaria

Os cambios na cultura universitaria supoñen pasar do individualismo da ensinanza á coordinación da docencia como mecanismo de harmonización,  e responsabilidade compartida.


Entre as razóns para a coordinación docente, estimouse que:

  • É un elemento clave do proceso ensino-aprendizaxe por competencias xa que para a súa consecución, e imprescindible a colaboración de todo o profesorado. Isto supón: traballar conxuntamente no desenvolvemento de competencias transversais da titulación, nas metodoloxías de aprendizaxe activas e nos diversos modelos de avaliación mais en consonancia coas metodoloxías da aula e o desenvolvemento de competencias.
  • A implantación dos ECTS require unha relación coherente e frutífera do profesorado de cada curso e da titulación coa finalidade de unificar e coordinar criterios en volume de traballo esixido ao estudante e a súa adecuada distribución temporal.

As figuras que participan no proceso de coordinación na Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña son as seguintes:
 
  Coordinadora/or de 1º curso
   
  Coordinadora/or de 2ºcurso
   
RESPONSABLE DE TITULACIÓN Coordinadora/or de 3º curso
   
  Coordinadora/or de Estadías Clínicas

Diseño y desarrollo: Artismedia.es