Mobilidade internacional no marco de convenios bilaterais asinados pola UDC con institucións que se atopan fora da órbita do programa Erasmus.
- Convocatoria
- Oferta de prazas
- Procedemento de solicitude
- Recoñecementos Académicos
IMPORTANTE:
- Comezo de presentación de solicitudes no primeiro prazo da convocatoria
- Para acceder ao PORTAL de solicitude, utilizar preferentemente navegadores Firefox ou Google Chrome.
- Para poder acceder á plataforma serán necesarias as súas credenciais da UDC. En caso de descoñecer estes datos, consulte ao seu centro.
- Para poñerse en contacto con vostede, a ORI utilizará en todo momento o seu correo electrónico da UDC, que deberá indicar no formulario.
- Só se admitirá unha solicitude por estudante, polo que non debe enviar en liña o formulario ata que este seguro de que está ben completado. Debe verificar convenientemente a oferta de prazas restantes que corresponda para cada centro.
- Para calquera consulta sobre o Portal de solicitude, envíe un correo a rrii@udc.es
As convocatorias de mobilidade xestionaranse conxuntamente nos centros de orixe baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros e a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigas dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas, regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC. |